Concello de Sanxenxo - A NOVA PASARELA DE SILGAR XA ESTÁ NA PRAIA E SERÁ COLOCADA NOS PRÓXIMOS DÍAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Sanxenxo, 18 de decembro de 2025.- O Concello de Sanxenxo continúa a traballar na accesibilidade dos seus areais. A praia de Silgar sumará nos próximos días unha nova baixada peonil accesible para persoas usuarias con mobilidade reducida, cadeiras e carros, respondendo a unha demanda dos bañistas.

A estrutura da baixada xa chegou á praia e será instalada nun dos extremos do areal máis próximo a Punta Vicaño. A actuación impulsada pola Concellería de Turismo e Praias, dirixida por Juan Deza, conta cunha axuda de máis de 47.000 euros da Consellería do Mar a través do GALP.

Os traballos a realizar incluíron tamén o desmontaxe do tramo de balaustrada de granito existente para permitir o acceso á pasarela, así como a montaxe dunha pasarela formada por piares, vigas, pontóns e entaboado de plástico reciclado, así como varandas de aceiro inoxidable, que se realizará nos próximos días.

O areal conta con 8 conxuntos de escaleiras dobres de 0,80 metros de ancho e dúas ramplas para as persoas usuarias con mobilidade reducida e carros. A superficie na que se actuará mide 98 metros cadrados.

Nova cadeira anfibia

Unha nova cadeira anfibia súmase ao material que o Concello de Sanxenxo destina aos servizos de praias para mellorar a accesibilidade dos areais. Sanxenxo presenta dous quilómetros de pasarelas nas praias e corredores especiais de acceso á auga para persoas con mobilidade reducida. Tamén ofrece en tempada alta zonas de sombra en Silgar, Panadeira, Baltar, Caneliñas e Canelas. A adquisición realizouse con fondos do GDR, cos que tamén se mellorou o acceso á praia da Area de Agra.


0
0
0
s2sdefault