Concello de Sanxenxo - A CORPORACIÓN MUNICIPAL DE SANXENXO INCORPORA A TRES NOVOS CONCELLEIROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Arabela Deza (PP), Estrella Martínez (BNG) e Adrián González (BNG) tomaron hoxe posesión durante a celebración dun Pleno extraordinario

Sanxenxo, 19 de decembro de 2025.- A Corporación municipal de Sanxenxo incorporou esta mañá a tres novos edís durante a celebración dun Pleno extraordinario. Arabela Deza (PP), Estrella Martínez (BNG) e Adrián González (BNG) tomaron posesión como novos concelleiros en substitución de María Deza, Fran Leiro e Tamara Castro. O alcalde, Telmo Martín, felicitou e deu a benvida aos concelleiros pola súa toma de posesión. “É unha honra poder defender os intereses dos veciños de Sanxenxo dende esta casa que é a de todos”, indicou.

Durante a sesión, que será a última do 2025, tamén se aprobou definitivamente a derrogación da actual ordenanza reguladora da taxa de recollida do lixo e aprobouse inicialmente a nova ordenanza fiscal para a taxa pola prestación do servizo, que non entrará en vigor ata que se adxudique o novo contrato. A proposta contou cos votos a favor do PP e do BNG, e coa abstención do PSOE.

0
0
0
s2sdefault