Actuacións, financiadas pola concesionaria da auga, para proporcionar saneamento e auga ás vivendas do rural que carecían destes servizos.
Sanxenxo, 19 de febreiro de 2026.- A ampliación da rede de saneamento e auga para dotar ás 726 vivendas do rural que carecían dalgún destes servizos ao inicio da lexislatura contempla 72 actuacións. A estas alturas xa hai 48 tramos realizados, polo que quedan 24 actuacións ata maio de 2027.
Nestes momentos estase traballando nos lugares de Buezas (Nantes), Xuncablanca (Vilalonga), Festiñanzo (Dorrón), Miraflores (Padriñán) e Paxariñas (Adina); achegamos dúas fotos desta última actuación.
As 48 actuacións realizadas distribúense entre as 7 parroquias:
• Vilalonga: Lagarei, A Fianteira, Xuncablanca, Iglesario Lomba, Iglesario, Touticeira e Altamira
• Noalla: A Lanzada, Pontes, subida de Pontes e Tombelo
• Adina: Outeiro, Poleiros, Rial, Arra, Paxariñas e Anevados en Portonovo
• Padriñán: Reyes, Miraflores, Padriñán e Aldariz
• Bordóns: Sear, Chandevila e núcleo de Bordóns
• Dorrón: A Costa, A Granxa, Barreiro, Rexenxo e Festiñanzo
• Nantes: Casal, Pazos e Buezas
As 24 actuacións pendentes corresponden aos lugares das puntas de Cabicastro e Montalvo en Adina, Pazos e Cancela - Pedroño en Nantes, Fontenla, A Lanzada e Aios costeira en Noalla e Agra en Dorrón.
Á ampliación da rede secundaria de saneamento e auga do rural súmase o convenio para a modernización da rede de saneamento e depuración do Concello e Acuaes: novos bombeos, ampliación dos existentes, substitución do colector principal e a mellora integral da depuradora de Paxariñas, así como do seu emisario submarino. Cando ambos proxectos estean rematados, a rede de saneamento e depuración de Sanxenxo terá experimentado unha transformación completa que garantirá un servizo de calidade durante décadas.