E o terceiro en termos absolutos, sen ter en conta os habitantes, coa construción de 606 vivendas en 2025.
Sanxenxo, 20 de febreiro de 2026.- O ano pasado en Galicia construíronse 4.839 vivendas, segundo o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o que supón case o dobre ca en 2020, cando se visaron 2.524 vivendas.
Cadro dos 10 concellos que máis vivendas construíron en 2025 segundo o Colexio de Arquitectos de Galicia:
| Concello | Vivendas construídas 2025 | Vivendas por 1.000 habitantes |
|---|---|---|
| A Coruña | 716 | 2,85 |
| Pontevedra | 641 | 7,69 |
| Sanxenxo | 606 | 33,69 |
| Vigo | 484 | 1,64 |
| Oleiros | 390 | 10,06 |
| Lugo | 228 | 2,28 |
| Vilagarcía | 155 | 3,55 |
| Ames | 117 | 3,52 |
| Ferrol | 106 | 1,63 |
| Carballo | 94 | 2,43 |
En Sanxenxo construíronse 606 vivendas en termos absolutos, sendo o terceiro concello que máis vivendas edificou. Pero ocupa o primeiro lugar en termos relativos, coa construción de 33,69 vivendas por cada 1.000 habitantes.
Sen contabilizar as 606 novas vivendas, porque a maioría están a tramitar a licenza de ocupación ou en construción, o parque residencial de Sanxenxo suma 18.041 vivendas, distribuídas do seguinte xeito:
• 4.511 primeiras residencias, onde viven os veciños durante todo o ano.
• 3.024 vivendas de uso turístico, propiedade dos veciños nun 90%.
• 10.506 segundas residencias, pertencentes a familias de todas as provincias de España, incluídas Canarias e Baleares.