Concello de Sanxenxo - O ALCALDE E O CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE COÑECEN AS ÚLTIMAS NOVAS NA XESTIÓN DE RESIDUOS NA FEIRA DE SERVIZOS MUNICIPAIS DE SILLEDA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 26 de marzo de 2026.- O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Medio Ambiente, Mantemento e Servizos, Yago Torres, acudiron esta mañá á Feira de Servizos Municipais en Silleda. Durante a visita contactaron con distintas empresas punteiras na xestión de residuos e tamén con provedores de maquinaria e servizos de recollida.

O Concello de Sanxenxo ten previsto asumir a xestión directa dos servizos de recollida de lixo e limpeza viaria. O asunto levarase ao próximo Pleno ordinario do luns a proposta, así como a decisión de non adxudicar o novo contrato en licitación por razóns de interese público.

O Concello subrogará aos 26 traballadores adscritos aos servizos e reforzará a maquinaria e contedores necesarios para ofrecer un servizo de maior calidade ao municipio. Mentres se formaliza a asunción da xestión directa, a actual concesionaria continuará coa prestación do servizo un prazo mínimo de 90 días e un máximo de 180 días, segundo a normativa vixente.

Durante a visita á feira, tanto o alcalde como o concelleiro puideron coñecer a maquinaria máis punteira do sector de residuos e limpeza viaria, así como as últimas tecnoloxías que se poderían aplicar no servizo a medio e longo prazo.

0
0
0
s2sdefault