Concello de Sanxenxo - “SANXENXO FALA” ENCHE DE PROGRAMACIÓN CULTURAL O MUNICIPIO DURANTE O MES DE MAIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 4 de maio de 2026.- “Sanxenxo Fala” volve un ano máis cunha ampla programación cultural que encherá de música e letras o municipio. O vindeiro sábado 9 de maio, o IV Encontro Labores na Rúa Os Gatiños de Portonovo, na Praza do Mercado, de 15:30 a 22:30 horas, organizada pola Asociación Cultural Os Gatiños de Portonovo en colaboración co Concello de Sanxenxo. O domingo, 10, o Auditorio Emilia Pardo Bazán acollerá o espectáculo cómico-musical con Pepo Suevos e Dani Dopazo pensado para os maiores do municipio con entrada gratuíta.

O venres, 15 de maio, celebrarase o acto das Letras Galegas 2026 cunha homenaxe a Begoña Caamaño coa xornalista do Diario de Pontevedra, Alba Moledo. Realizarase o acto de entrega dos premios do Concurso Picariños do CCD Sanxenxo na Biblioteca Emilia Pardo Bazán ás 20:30 horas.

O espectáculo narrativo da Maleta Viaxeira do Mago Paco chegará os días 5, 7, 8, 11 e 12 de maio aos centros educativos do municipio. O sábado 16, Aprende cantando cos Piñeiriños, un espectáculo musical con agasallo de disco ás familias asistentes no Auditorio Emilia Pardo Bazán, ás 16:30 horas. As entradas gratuítas deben retirarse en Ataquilla.

O domingo 17 de maio, Festival das Letras Galegas de Portonovo, no estacionamento do mercado de abastos, ás 19 horas. Organizan a Coral Polifónica Santa María de Adina e Os Gatiños de Portonovo coa colaboración do Concello.

O sábado, 23, o programa Fala Redes leva ao Auditorio Emilia Pardo Bazán As Mil e unha de Vero Rila e Luis Iglesias, ás 19 horas. Concibido como un programa radiofónico en directo, As Mil e Unha propón unha viaxe imaxinativa e chea de sensibilidade polo universo literario de Caamaño. As entradas son gratuítas.

0
0
0
s2sdefault