Concello de Sanxenxo - O CONCELLO HABILITA UNHA PARTIDA DE 40.000 EUROS PARA AXUDAS ÁS ASOCIACIÓNS CULTURAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 4 de xuño de 2026.- Promover e incentivar propostas culturais dentro do tecido asociativo do municipio e apoiar as programacións dos colectivos locais. Eses son os obxectivos da convocatoria de subvencións posta en marcha pola Concellería de Cultura e Eventos, dirixida por Xoán Pérez Chaves, e dotada cun orzamento de 40.000 euros.

As actividades obxecto da subvención deberán desenvolverse entre o 1 de novembro de 2025 e o 31 de outubro de 2026. As entidades beneficiarias deberán ser asociacións sen ánimo de lucro validamente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal, realizar actividades de carácter cultural no municipio, non estar incursas en ningún suposto de incapacidade ou incompatibilidade, atoparse ao corrente das obrigas tributarias e cumprir cos requisitos establecidos na Lei Xeral de Subvencións.

O importe individual das subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria non poderá superar o 80 % do custo do proxecto subvencionable. No caso de existir remanente de crédito, procederase a unha nova distribución entre aquelas solicitudes que, sendo beneficiarias, non acadaran o límite máximo subvencionable.

Esta redistribución efectuarase de forma proporcional á puntuación obtida por cada proxecto, garantindo en todo momento o respecto aos principios de concorrencia competitiva, igualdade e proporcionalidade.

0
0
0
s2sdefault