Concello de Sanxenxo - POR PRIMEIRA VEZ O PLAN CONCILIA DARÁ SERVIZO DURANTE TODO O PERÍODO DE VACACIÓNS ESCOLARES, DO 22 DE XUÑO AO 8 DE SETEMBRO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Concellería de Educación ofertou 940 prazas, das que se cubriron 704 e 5 corresponden a nenos e nenas con necesidades específicas de atención.

Sanxenxo, 8 de xuño de 2026.- A Concellería de Educación publicará hoxe a listaxe de escolares admitidos no Plan Concilia, que son practicamente a totalidade dos solicitantes, agás 17 familias que non presentaron a documentación requirida ou que non cumpren os requisitos establecidos.

A principal novidade do Plan Concilia 2026 é que a súa cobertura abrangue todo o período de vacacións escolares, desde o 22 de xuño ata o 8 de setembro. As prazas dispoñibles e as finalmente cubertas nos colexios O Telleiro de Noalla e A Florida de Sanxenxo son as seguintes:

PeríodoPrazas dispoñiblesPrazas solicitadas
22 - 30 de xuño 94 60
1ª quincena de xullo 188 160
2ª quincena de xullo 188 151
1ª quincena de agosto 188 143
2ª quincena de agosto 188 136
1 - 8 de setembro 94 54
TOTAL 940 704

As familias poderán levar aos seus fillos e fillas no horario que mellor se adapte ás súas necesidades laborais ou persoais, entre as 8:00 e as 15:30 horas.

Outra das novidades desta edición é que as 940 prazas ofertadas incluían 8 reservadas para nenos e nenas con necesidades específicas de atención, das que finalmente se solicitaron 5.

O Plan Concilia é un servizo de apoio ás familias durante a tempada estival que foi evolucionando co obxectivo de adaptarse ás súas necesidades mediante a ampliación de horarios, centros e, este ano, ofrecendo servizo durante a totalidade do período de vacacións escolares.

0
0
0
s2sdefault