Concello de Sanxenxo - O CONCELLO MELLORA O ACCESO PRINCIPAL AO COLEXIO A FLORIDA E REPARA UN MURO EN GONDAR, VILALONGA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 9 de xuño de 2026.- A mellora do acceso ao colexio A Florida pola rúa Ricardo Santos e a reparación do muro de Gondar, xunto á capela e ao local social do mesmo nome, eran dúas actuacións moi demandadas pola veciñanza e que finalmente veñen de concluír.

A rúa Ricardo Santos ten unha lonxitude de 460 metros, que foron asfaltados na súa totalidade. Ademais, grazas ás cesións realizadas polos veciños, foi posible ampliar un tramo de 134 metros lindeiro co colexio. A actuación permitiu gañar 1,50 metros de ancho nun tramo de 107 metros e 6,20 metros máis noutro de 27 metros, onde se habilitaron varias prazas de estacionamento.

O orzamento desta actuación ascendeu a 64.000 euros, dos que 55.170 euros proceden dunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

A reparación do muro de Gondar era tamén un compromiso moi demandado, ao que se destinaron 12.000 euros. A actuación supuxo a substitución completa do antigo muro situado na esquina. Para iso empregáronse grandes pedras de granito, que permitiron estabilizar a estrutura e consolidar a súa parte superior, garantindo así un espazo seguro na contorna da capela e do local social de Gondar.

 

0
0
0
s2sdefault