Concello de Sanxenxo - O ALCALDE ASINA ANTE NOTARIO A COMPRA DO SOLO URBANIZABLE 27 SITUADO EN VILALONGA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O desenvolvemento deste solo suporá o maior impulso económico e social da parroquia en décadas

Sanxenxo, 15 de xuño de 2026.- A compra á Sareb do solo urbanizable 27, proposta que aprobou o pleno por unanimidade hai unhas semanas, é xa unha realidade despois de que o alcalde asinase a adquisición na notaría. Trátase dunha das actuacións máis importantes que xestionou Telmo Martín pola súa transcendencia para o futuro de Sanxenxo. O Concello tamén adquiriu o solo urbanizable 11 en Miraflores para crear unha gran zona verde.

O desenvolvemento do SU27 (85.621 m²) prevé a construción de 390 vivendas públicas que van xerar un impulso social e económico sen precedentes en Vilalonga. Nuns anos vivirán nesta zona, moi próxima ao núcleo urbano, unhas 1.300 persoas máis. Un incremento de poboación do 50 %, que suporá un gran impacto económico para a vila.

E máis se temos en conta outras actuacións en marcha en Vilalonga, como a posta en valor do litoral da Ría de Arousa, o Centro de Interpretación da Telleira e o novo Centro Socioeducativo As Lagoas (antigo colexio O Cruceiro), que inclúe un centro de maiores, unha ampla biblioteca e un ciclo de FP de turismo e hostalaría.

As vivendas previstas neste solo e as que xa están en marcha en Mourelos, Noalla (25) e na rúa das Cunchas (40) cubrirán a demanda de vivenda pública no Concello. De feito, o rexistro da Xunta ten 155 inscritos de Sanxenxo que cumpren os tres requisitos da Lei de Vivenda Pública de Galicia: non ter unha vivenda en propiedade, residir ou traballar en Sanxenxo e ter uns ingresos inferiores a catro veces o IPREM.

0
0
0
s2sdefault