Concello de Sanxenxo - CASE 200 MAIORES RECIBEN UN DIPLOMA POLA SÚA PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE EDUCACIÓN FÍSICA E O OBRADOIRO DE MEMORIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A concelleira de Servizos Sociais e Maiores, Paz Lago, e o alcalde, Telmo Martín, clausuraron hoxe o curso de ambas actividades.

Sanxenxo, 17 de xuño de 2026.- Recoñecer a vontade e o esforzo que supón asistir a dúas actividades, Educación Física para Maiores e Obradoiro de Memoria, plenamente consolidadas no programa municipal polos seus beneficios tanto físicos como cognitivos. Ese é o obxectivo do acto celebrado esta mañá no Pazo Emilia Pardo Bazán ao que asistiron case 200 maiores. A concelleira de Servizos Sociais e Maiores, Paz Lago, e o alcalde, Telmo Martín, clausuraron hoxe o curso de ambas actividades coa entrega de diplomas acreditativos aos asistentes. Tamén asistiron os técnicos municipais, coordinadores de ambas actividades, Nacho Rebollo e María José Pérez.

Ademais, a Concellería de Servizos Sociais e Maiores organiza este domingo na explanada do porto, fronte á lonxa, un Baile de Maiores e unha merenda. O obxectivo é que os asistentes bailen, desfruten e compartan unha xornada diferente en compañía.

As persoas que desexen máis información sobre esta iniciativa poden dirixirse ao Centro Municipal de Servizos Sociais de Portonovo (situado na rúa Rafael Picó) ou chamar ao 986 72 79 01.

0
0
0
s2sdefault