Concello de Sanxenxo - A PRAIA DE SILGAR ACOLLE ESTE SÁBADO O CAMPIONATO GALEGO DE LOITA PRAIA E SAMBO PRAIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo,17 de xuñode 2026.-concelleiro de Deportes, Xuventude e Voluntariado, Marcos Guisasola Padín, presentou xunto co presidente da Federación Galega de Loita e D.A. (FGLeDA), José Luis Olazabal Ibars, o II Campionato Galego de Loita Praia e Sambo Praia, que se celebrará este sábado 20 de xuño na Praia de Silgar.

A competición desenvolverase en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e contará coa participación de arredor de 150 deportistas procedentes das catro provincias galegas, que competirán nas modalidades de Loita Praia e Sambo Praia, tanto en categoría absoluta como sub-17, masculina e feminina.

O evento, que servirá ademais como clasificatorio para os Campionatos de España, converterá de novo a Praia de Silgar nun referente do deporte de praia en Galicia. A organización destaca tamén a importante presenza feminina, que supera o 35 % das persoas inscritas, reflectindo o crecemento destas disciplinas nos últimos anos.

Sanxenxo acollepor segundo ano consecutivo, unha competición que continúa consolidándose dentro do calendario deportivo galego, reunindo a deportistas, técnicos, árbitros e afeccionados nunha xornada na que o espectáculo e a competitividade están garantidos.

0
0
0
s2sdefault