Concello de Sanxenxo - ARRA ACOLLERÁ A XXV FEIRA GASTRONÓMICA DE PRODUTOS GALEGOS E O XI CERTAME DE PINTURA RÁPIDA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 24 de xullo de 2026.- Arra prepárase para celebrar a XXV Feira Gastronómica de Produtos Galegos na explanada de Montalvo e o XI Certame de Pintura Rápida no Priorado de Arra. A Asociación Cultural San Caetano e o concelleiro de Cultura e Eventos, Xoán Pérez, presentaron esta mañá a programación que se desenvolverá do 31 de xullo ao 2 de agosto.

A cita gastronómica contará con diversos postos de degustación, exposición e venda de artesanía, cun horario de 12:30 a 20:00 horas. A inauguración terá lugar o venres 31 de xullo e, ás 23:00 horas, a banda Rockandprol será a encargada de abrir os concertos da fin de semana.

O sábado 1 de agosto a xornada terá un marcado carácter tradicional. Ás 13:00 horas celebrarase a solemne misa cantada na histórica Capela de Arra. Pola tarde, entre as 14:00 e as 21:00 horas, os obradoiros de artesanía abrirán as súas portas para transmitir as técnicas tradicionais. Pola noite celebrarase o XI Serán dos Loureiros, que contará ás 22:00 horas coa actuación do grupo de pandeiretas Os Gatiños de Portonovo, seguida doutra actuación musical ás 23:00 horas. Á medianoite terá lugar a tradicional e xa imprescindible queimada gratuíta para todas as persoas asistentes.

XI Certame de Pintura Rápida

O domingo 2 de agosto continuará a Feira Gastronómica de Produtos Galegos e celebrarase o XI Certame de Pintura Rápida "Arra como Antiga Parroquia". Nesta edición increméntase a dotación económica dos premios:

CATEGORÍA ADULTA (a partir de 17 anos)

  • 1º Premio: 1.500 €

  • 2º Premio: 900 €

  • 3º Premio: 600 €

  • 4º Premio: 400 €

  • Cinco accésits: 100 €

Premios Artista da Comarca

  • 1º Premio: 600 €

  • 2º Premio: 300 €

  • 3º Premio: 150 €

CATEGORÍA INFANTIL
Ata 12 anos

  • 1º Premio: Vale de 100 €

  • 2º Premio: Vale de 50 €

De 13 a 16 anos

  • 1º Premio: Vale de 200 €

  • 2º Premio: Vale de 100 €

Durante toda a xornada do domingo, as obras participantes permanecerán expostas ao público. Ás 19:00 horas celebrarase a exposición oficial e a entrega de premios na emblemática Casa do Priorato. Como atractivo adicional, aquelas obras que non resulten premiadas como finalistas poderán ser adquiridas directamente polo público asistente.

Os Gatiños de Portonovo serán os encargados de poñer o broche final á cita gastronómica cunha actuación ás 21:00 horas.

0
0
0
s2sdefault