Concello de Sanxenxo - SANXENXO SUPERA 3 FITOS DO EMPREGO ESTE VERÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A taxa de paro e o número de afiliados á Seguridade Social superaron as expectativas máis optimistas

Sanxenxo, 15 de setembro de 2026.- Non hai mellor termómetro da economía dun municipio —no caso de Sanxenxo, do turismo, que supón o 85% da actividade económica— que as cifras de paro e de afiliación á Seguridade Social.

A análise das cifras de emprego de xuño, xullo e agosto acredita 3 fitos:

  1. Por primeira vez, a taxa de paro baixa do 5% nun mes de xuño, ata situarse no 4,66%. Na serie histórica, o paro só conseguira baixar do 5% en xullo (4,71%) e agosto (4,80%) de 2025.

  2. Este verán, por primeira vez, Sanxenxo conseguiu baixar a taxa de paro do 4,50%, ata o 4,31% en xullo e o 4,15% en agosto. Segundo os expertos, baixar do 5% xa supón un gran logro; que a taxa caese por debaixo do 4,50% constitúe un fito.

  3. É a primeira vez desde 2006 que o paro baixa en agosto. O habitual é que suba; por exemplo, o ano pasado aumentou en 8 desempregados e en 2024 foron 10. Porén, este ano pechouse o mes con 14 parados menos.

Por último, o número de afiliados á Seguridade Social marcou en xullo un novo récord, con 8.874 persoas, o que supón 218 afiliados máis que no mesmo mes do ano pasado (8.656).

 ParadosTaxa de paroAfiliados á Seguridade Social
Xuño 2025 407 5,10% 7.723
Xuño 2026 378 4,66% 7.804
Diferenza 29 menos   81 máis
Xullo 2025 382 4,71% 8.656
Xullo 2026 355 4,31% 8.874
Diferenza 27 menos   218 máis
Agosto 2025 390 4,80% 8.614
Agosto 2026 341 4,15% 8.594
Diferenza 49 menos   20 menos
0
0
0
s2sdefault