Concello de Sanxenxo - O CONCELLO SACA A CONCURSO A EXECUCIÓN DO PROXECTO DE HUMANIZACIÓN DO OUTEIRO EN DORRÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O proxecto finánciase co Plan +Provincia da Deputación e cunha achega do Concello

Sanxenxo, 17 de setembro de 2026.- O goberno saca a licitación a humanización do Outeiro, na parroquia de Dorrón. Unha actuación que está valorada en 733.197 euros. O prego de condicións do concurso establece un prazo de 12 meses para a execución das obras, aínda que estas poderán estar rematadas antes, en función do prazo que oferte a empresa que resulte adxudicataria do concurso.

O proxecto atópase agora en fase de licitación. As empresas poderán presentar ofertas ata o 13 de outubro. Posteriormente, estas serán valoradas polos técnicos para proceder despois á adxudicación. Prevese, polo tanto, que as obras poidan comezar a finais de ano.

O Outeiro de Dorrón é un núcleo rural tradicional de rúas estreitas e pequenas que precisa do embelecemento dos seus espazos públicos para facelos máis amables para as persoas, con novos pavimentos, a mellora da rede de saneamento e pluviais, a ordenación do tránsito de vehículos e peóns e unha rede de iluminación e mobiliario acorde coa beleza do Outeiro de Dorrón.

A actuación abrangue unha superficie de 2.458 m², dos que actualmente só 83 m² corresponden a zona peonil. Coa mellora prevista no proxecto, esta superficie multiplicarase por dez ata alcanzar os 812 m².

Ademais, O Outeiro dispón de 11 pequenos viarios e 3 cruces, que suman 928 metros lineais nos que se vai actuar.

0
0
0
s2sdefault