Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONVÉRTESE ESTA FIN DE SEMANA NA CAPITAL DA SAÚDE CARDIOVASCULAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Sala Nauta acollerá un obradoiro formativo e chequeos gratuítos realizados por profesionais sanitarios

Sanxenxo, 30 de setembro de 2026.- Sanxenxo converterase esta fin de semana no epicentro da medicina galega ao acoller o 32º Congreso da Sociedade Galega de Hipertensión (Sogahta), no Hotel Carlos I, e o , no Hotel Talaso Sanxenxo. O evento médico celebrarase este venres e sábado, reunindo destacados especialistas do ámbito sanitario. As enfermidades cardiovasculares son a segunda causa de mortalidade en España, con 115.000 mortes ao ano, e a primeira no mundo.

O congreso ten como obxectivo principal abordar as últimas novidades e avances científicos arredor da hipertensión arterial, a diabetes tipo 2, a insuficiencia cardíaca, a enfermidade renal crónica e a prevención cardiovascular. Para iso, congregará profesionais da cardioloxía, nefroloxía, medicina interna e atención primaria, propiciando un espazo de debate e intercambio de coñecementos clave para a práctica clínica.

De forma paralela ás sesións principais, o sábado 3 de outubro desenvolverase a 24ª Xornada de Enfermaría sobre Risco Vascular, un encontro que destaca o papel fundamental do persoal de enfermaría no seguimento e coidado dos pacientes con patoloxías cardiovasculares.

Compromiso coa cidadanía: chequeos e obradoiros gratuítos

Fiel ao seu compromiso coa prevención e en colaboración co Concello de Sanxenxo, o congreso traspasará as paredes das salas médicas para achegarse á poboación local. A organización deseñou, en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais, dirixida por Paz Lago, un programa de actividades abertas a todos os veciños, veciñas e visitantes na Sala Nauta, no Porto Deportivo de Sanxenxo.

  • Venres, 2 de outubro: impartirase, de 10:30 a 11:30 horas, un obradoiro formativo a cargo do médico especialista en medicina interna e experto en lípidos e risco cardiovascular Carlos Názara, enfocado na adopción de rutinas e hábitos de vida saudables. As enfermeiras Carmen Neiro e Cristina Riveira ofrecerán, de 17:00 a 19:00 horas, Rutinas Cardiovasculares.

  • Sábado, 3 de outubro: xornada de chequeos cardiovasculares gratuítos. Profesionais sanitarios medirán a presión arterial, os niveis de glicosa e colesterol, así como o índice de masa corporal (IMC) de todas as persoas asistentes, ofrecendo recomendacións personalizadas. Os chequeos realizaranse en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:30 horas.

 

[PDF] 23º Congreso de la Sociedade de Risco Cardiovascular

0
0
0
s2sdefault