Concello de Sanxenxo - A XUNTA GARANTE CON 5,1 MILLÓNS DE EUROS O DESDOBRAMENTO DA AUTOVÍA, O MERCADO E A AMPLIACIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DE BALTAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O delegado da Xunta, Pablo Fernández, anunciou estas partidas nos orzamentos autonómicos durante a visita ao Apartahotel Atlántico

Sanxenxo, 16 de outubro de 2026.- O delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, Pablo Fernández, visitou esta mañá o Apartahotel Atlántico Resort acompañado do concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, e da concelleira de Servizos Sociais, Paz Lago. As instalacións situadas en Montalvo foron beneficiarias dunha axuda da Xunta de Galicia de 148.000 euros para a mellora do illamento térmico, que incluíu a substitución da cuberta e das fiestras, cunha actuación valorada en máis de 200.000 euros.

Fernández destacou que “obras potentes como estas permiten mellorar a eficiencia enerxética e reducir considerablemente a factura eléctrica”. O xerente de Apartamentos Atlántico, Víctor Manuel Martínez, destacou a importancia destas “axudas coas que podemos afrontar o investimento dunha soa vez sen ter que facelo por fases”.

Durante a súa visita ao municipio, o delegado da Xunta detallou os investimentos estratéxicos dos Orzamentos da Xunta para 2027 na comarca do Salnés. Entre os proxectos máis destacados atópanse os 450.000 euros destinados á primeira fase do desdobramento da autovía do Salnés e á reordenación da Lanzada. Así mesmo, as contas autonómicas reservan 2,4 millóns de euros para a ampliación do Centro de Saúde de Baltar e 2,3 millóns de euros para as obras, actualmente en execución, do mercado de abastos de Sanxenxo.

0
0
0
s2sdefault