Concello de Sanxenxo - O CONCELLO INICIA O MOVEMENTO DE 10.000 METROS CÚBICOS DE AREA NA ZONA LESTE DE A PRAIA DE SILGAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os temporais de inverno desprazaron o árido á zona máis alta cubrindo pasarelas e lavapies

Sanxenxo, 26 de xuño de 2024.- Recuperar o perfil orixinal da praia e ampliar a zona de desfrute. Estes son os dous obxectivos que se perseguen co movemento de 10.000 metros cúbicos de area en Silgar. A actuación, que ten un custo de 48.000 euros, está previsto que conclúa este sábado 29. Os traballos que se realizan con dous dúmpers, unha escavadora e un camión céntranse no leste da praia e na zona seca.

O alcalde, Telmo Martín, visitou esta mañá a praia onde se están acometendo as tarefas. "Os duros temporais de inverno fannos investir 220.00 euros en distintos areais como nas praias de Canelas, Lavapanos, Silgar, Areas... traballos que tiñan que estar acometendo outras administracións, pero nos debémonos aos nosos veciños e visitantes polo que se fai este esforzo económico", explicou.

A recuperación do perfil da praia permitirá gozar dunha maior superficie do areal e deixará libres as ramplas de acceso, agora cubertas en ata un metro de altura de árido, e os lavapies.

Praia de Area de Agra
Na praia de Area de Agra en Dorrón estase acondicionado a actual rampla dotándoa de maior anchura e accesibilidade coa colocación dunha laxa de cemento rugoso. Ademais, instalaranse unhas escaleiras para salvar a pendente de entrada á praia. O custo desta actuación rolda os 3.000 euros.

Mañá está previsto que se inicien os traballos de reparación do muro na praia de Lavapanos que presenta un alto risco de caída. A actuación de emerxencia roldará os 40.000 euros.

0
0
0
s2sdefault