A concelleira de Cultura, Elena Torres, aposta por terceiro ano por esta actividade para dinamizar a participación e crear ambiente navideño
Sanxenxo, 31 de outubro de 2024.- O Concello de Sanxenxo convoca o III Concurso de Iluminación “Deslumbra co teu Nadal” no que se repartirán 4.000 euros en premios. A actividade organizada dende o departamento de Cultura e Eventos, dirixido por Elena Torres, e en colaboración con Entretendas CCU volve apostar este ano por esta actividade para incentivar o ambiente navideño nas rúas do municipio.
O concurso establece tres categorías:
• Establecementos comerciais: Escaparate e fachada
1º Premio: 1.000 euros
2º Premio: 750 euros
3º Premio: 500 euros
• Vivendas: Decoración exterior
1º Premio: 500 euros
2º Premio: 300 euros
3º Premio: 200 euros
• Rúas, barrios, prazas ou veciñanzas: Decoración da contorna.
Premio único: 750 euros
O prazo de inscrición abrirase o próximo 24 de novembro ata o 9 de decembro e poderá realizarse a través da sede electrónica de O.A. Terra Sanxenxo ou presencialmente no rexistro do Concello. A decoración deberá estar exposta dende o 5 de decembro ao 6 de xaneiro. O xurado valorará a iluminación con ata 10 puntos; a originalidade e o deseño con ata 5 puntos; e o fomento de valores locais, contido didáctico do proxecto e o coidado do medio ambiente con utilización de materiais ecolóxicos, con ata 3 puntos.
Antes do 19 de decembro, os participantes comprométense a enviar fotos e vídeos dos seus escaparates, establecementos, vivendas… ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para poder ser valorados polo xurado e promocionados nas redes sociais do Concello de Sanxenxo.
O fallo darase a coñecer o 6 de xaneiro durante o Concerto de Reis da Banda de Música de Sanxenxo no Auditorio Emilia Pardo Bazán.