O proxecto ten un custo de 157.514 euros e opta a unha axuda do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra
Sanxenxo, 1 de abril de 2026.- O Concello de Sanxenxo reformará a Praza de Manuel Cortés para lograr unha mellor integración no entorno e garantir unha maior accesibilidade. A proposta, xa presentada aos veciños, preserva íntegramente o concepto de espazo público, aumenta a superficie utilizable da actual praza ao incorporar unhas escaleiras e rampas, mantén a funcionalidade do graderío actual redeseñado, así como a relación de interacción cos viarios perimetrais.
O pavimento da praza realizarase nunha mestura de pavimento pétreo no perímetro e zona de transición coadoquinado actual, e en formigón desbastado con árido á vista empregando dous tons e formando taboleiros trapezoidais. Este pavimento continuo e de alta calidade presenta vantaxes de durabilidade e mantemento.
O graderío previsto realizarase en elementos tipo sillares con distintas dimensións, executándose en pedra maciza con cantos redondeados e cortados segundo as curvas e dimensións previstas no proxecto. Os chanzos executaranse tamén en elementos macizos con acabado antideslizante. Dotarase ao espazo de tres báculos nos que se dispoñen 5 luminarias direccionais de alta eficiencia lumínica.
O prazo de execución das obras estímase en catro meses.