Concello de Sanxenxo - A POLICÍA LOCAL DETÉN IN FRAGANTI A DOUS HOMES CANDO INTENTABAN ROUBAR GASÓLEO NA MAQUINARIA DUNHA OBRA EN A GRANXA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

 

Fuxiron a pé do lugar, pero foron interceptados pouco despois. Identificouse a un terceiro como participante tamén na subtracción

Sanxenxo, 27 de abril de 2026.- A Policía Local de Sanxenxo detivo na madrugada do pasado venres a dous homes e identificou a un terceiro polo roubo de gasóleo na maquinaria das obras que se están a realizar no Alto de A Granxa en Dorrón. Os arrestados, veciños de Marín, unha vez que se decataron da presenza policial na zona, fuxiron do lugar a pé en dirección Pontevedra. Pouco despois foron interceptados dous e identificado un terceiro.

Unha vez que os axentes lles preguntaron que facían no lugar dos feitos, un deles recoñeceu os feitos alegando que carecía de recursos económicos para repostar o combustible ata a percepción do seu próximo salario a semana seguinte. Posteriormente, tras unha revisión ocular do espazo, púidose observar que o valado perimetral da obra se atopaba aberto e que os tapóns de combustible de dúas das máquinas foran forzados. Tamén se procedeu ao precintado e inmobilización do vehículo co que se desprazaron a Sanxenxo, quedando a disposición xudicial.

A actuación enmárcase nunha investigación que, desde hai meses, levan en colaboración a Policía Local e a Garda Civil. Non se descarta que os detidos poidan estar relacionados con outros cometidos con anterioridade co mesmo modus operandi.

0
0
0
s2sdefault