Concello de Sanxenxo - O CONCELLO CONCLÚE AS OBRAS DO INTERIOR E EXTERIOR DO CENTRO SOCIOEDUCATIVO DE AS LAGOAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

 

O alcalde, Telmo Martín, acudiu esta semana á sinatura da recepción dos traballos do edificio municipal en Vilalonga

Sanxenxo, 15 de maio de 2026.- As obras interiores e exteriores do Centro Socioeducativo de As Lagoas en Vilalonga xa están concluídas. O alcalde, Telmo Martín, asinou esta semana a recepción dos traballos do edificio municipal, que albergará un FP Dual de Hostalería e Restauración, un centro social de maiores e unha biblioteca, e será equipado nos próximos meses.

A intervención non só se centra na funcionalidade, senón tamén na eficiencia enerxética, xa que o edificio conta con paneis solares, iluminación LED e unha envolvente renovada con novos illamentos e carpintería exterior.
As obras deixan como resultado un espazo moderno, sostible e pensado para dar resposta ás necesidades formativas, culturais e sociais de Sanxenxo.

No que antes era o ximnasio do colexio habilitouse un amplo centro social de 375 metros cadrados. Tamén na planta baixa ubicarase a nova biblioteca municipal, con 185 metros cadrados que incluirán zona de estudo, espazo infantil, ordenadores, arquivo e aseos. Como valor engadido, disporá dun acolledor patio xardinado para lecturas ao aire libre, presentacións de libros ou actividades infantís.

Ambos espazos, biblioteca e centro social, teñen accesos e servizos propios, o que permitirá que funcionen de forma independente do resto do edificio, incluso con horarios distintos. Nas plantas superiores, que suman máis de 1.000 metros cadrados, ubicarase o ciclo de FP Dual de Hostalería e Restauración. Este centro educativo contará con aulas polivalentes, obradoiros de cociña e restaurante, e ata un bar de prácticas. Todo iso conectado mediante un ascensor para facilitar a accesibilidade.

0
0
0
s2sdefault