Concello de Sanxenxo - JUAN DEZA, CONCELLEIRO DE TURISMO E PRAIAS, RECOLLE EN XOVE AS 18 BANDEIRAS AZUIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, que este ano suma unha bandeira azul máis, a da praia de Pampaído, consolida así o seu liderado nacional con 18 distintivos azuis.

Sanxenxo, 10 de xuño de 2026.- O concelleiro de Turismo e Praias, Juan Deza, recolleu esta mañá en Xove, na Mariña lucense, as 18 bandeiras azuis que consolidan a Sanxenxo como líder nacional neste distintivo.

Sanxenxo conta este ano cunha bandeira azul máis: a praia de Pampaído, que durante os tres últimos anos rexistrou unha excelente calidade da auga e que nesta tempada contará con todos os servizos, entre eles socorristas e un módulo de aseos que se limpará cada 90 minutos, como é habitual nas praias de Sanxenxo desde a implantación desta medida durante a COVID-19.

Sanxenxo suma un total de 30 distintivos azuis concedidos por ADEAC: 18 praias e 9 sendeiros, seis deles na costa e tres no interior. Este ano, a novidade é o sendeiro O Con da Aventureira - Con da Romaiña, que discorre entre as parroquias de Padriñán e Nantes.

Ademais, manteñen o distintivo azul os clubs náuticos de Sanxenxo e Portonovo e o porto deportivo de Nauta. A reforma da Telleira, actualmente en execución para a súa transformación en centro de interpretación do litoral da ría de Arousa, obrigou a renunciar á bandeira azul que ostentaba desde hai unha década, aínda que se prevé recuperala en 2027.

«En 2027 poderiamos conseguir unha bandeira azul máis, pero o noso obxectivo non é tanto seguir aumentando os distintivos como mellorar os servizos nos espazos que xa contan coa bandeira azul», declarou Juan Deza, concelleiro de Turismo e Praias.

0
0
0
s2sdefault