Concello de Sanxenxo - O CONCELLO CONCLÚE A MELLORA DO PASEO DE SILGAR, O MIRADOIRO E A SÚA CONEXIÓN CO FUTURO SENDEIRO DE PUNTA VICAÑO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Á reparación urxente do muro derrubado polos temporais sumouse unha actuación de mellora do Paseo de Silgar

Sanxenxo, 26 de xuño de 2026.- En febreiro, os temporais provocaron importantes danos no tramo final do Paseo de Silgar. Derrubouse un noiro e o muro que o sostiña pola acción conxunta da chuvia, o vento e o mar. Os primeiros traballos, realizados pola vía de urxencia, consistiron nunha escavación profunda ata alcanzar un terreo firme desde o que poder iniciar a construción dun novo muro que garantise a estabilidade da zona e da súa contorna.

Ao mesmo tempo que se estaban executando os traballos de reparación da zona afectada, o goberno xestionou novas actuacións que permitisen mellorar o tramo de Silgar comprendido entre a rúa Ourense e Punta Vicaño. Esta segunda actuación consistiu na ampliación do empedrado de prioridade peonil, a mellora do miradoiro e do tramo final do paseo. A actuación está practicamente rematada; hoxe quedará instalada a maior parte do aceiro da varanda, que se completará a principios da próxima semana.

Actuacións realizadas:

  • Plataforma de empedrado (2.300 m²) de prioridade peonil.

  • Colocación de 850 m² de pavimento de pedra, incluíndo o miradoiro e a beirarrúa do paseo.

  • Novo muro de 215 m² para conter o desnivel entre o miradoiro e o paseo.

  • Nova escaleira de granito entre o miradoiro e o paseo.

  • Conexión do miradoiro co futuro sendeiro que bordeará as rochas ata o parque de Punta Vicaño, cuxo inicio está previsto para setembro.

  • Instalación de varanda de aceiro inoxidable no tramo de conexión, na escaleira e na separación entre o paseo e o miradoiro.

  • Reforzo da varanda de pedra con aceiro inoxidable no tramo máis alto do muro, en cumprimento da normativa de seguridade.

  • Axardinamento da zona onde se bifurcan o miradoiro e a beirarrúa do paseo.

0
0
0
s2sdefault