Concello de Sanxenxo - O ALCALDE PRESENTA AOS VECIÑOS O PROXECTO DE HUMANIZACIÓN DO NÚCLEO DA LAMELA VALORADO EN 500.000 EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A actuación contempla unha plataforma única, a substitución e o soterramento dos servizos e zonas de descanso con arborado

Sanxenxo, 23 de outubro de 2026.- O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, presentou esta semana a medio cento de veciños o proxecto de humanización do núcleo da Lamela, na parroquia de Bordóns. A actuación, que conta cun orzamento de 500.000 euros, enmárcase na estratexia do goberno local para recuperar, dinamizar e poñer en valor os núcleos rurais do municipio.

Este plan dá continuidade aos proxectos de humanización xa executados no Santo (Nantes), Arra (Adina) e Aios (Noalla), e adianta as próximas intervencións programadas no Outeiro (Dorrón) e Padriñán.

Acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Mantemento e Servizos, Yago Torres, o alcalde realizou un percorrido polo núcleo xunto cos veciños. Durante a visita, que contou co visto e prace dos residentes, analizáronse os aspectos clave do proxecto de mellora.

O compromiso ambiental e o benestar da cidadanía centran o deseño da obra a través das seguintes medidas:

  • Plataforma única: Combinará o adoquinado e o formigón, eliminando as barreiras arquitectónicas e pacificando o tráfico rodado.

  • Renovación e soterramento dos servizos: Renovaranse completamente e soterraranse as redes de subministracións esenciais, eliminando o cableado aéreo.

  • Zonas de convivencia: Habilitaranse dúas novas áreas de descanso equipadas con bancos urbanos e arborado.

  • Eficiencia enerxética: Renovarase todo o sistema de iluminación pública coa instalación de farois de tecnoloxía LED de última xeración.

O proxecto definitivo recolle tamén a mellora e estabilización do muro da Lamela, dando resposta a unha das principais demandas e queixas que os residentes trasladaron directamente ao equipo de goberno durante as reunións abertas celebradas nas distintas parroquias.

0
0
0
s2sdefault