Concello de Sanxenxo - Factura Eléctrónica
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Xestión Municipal

INFORMACIÓN XERAL PARA PROVEDORES RESPECTO DA FACTURA ELECTRÓNICA


A Lei 25/2013 de impulso da factura electrónica modifica a regulación da facturación polos servizos e subministracións prestados ás administracións públicas.

O obxectivo da implantación da factura electrónica é facer efectivas as múltiples vantaxes que se derivan das mesmas en relación cos sistemas de facturación no soporte tradicional. Entre estas poden destacarse a redución de tempos e custos de envío, a posibilidade de xeración automática das facturas, a redución de prazos na tramitación tanto na empresa como na administración.

A propia lei determina que a partir do día 15 de xaneiro de 2015 os provedores das administracións públicas deberán facturar obrigatoriamente en formato electrónico, salvo que se trate de persoas físicas (artigo 4). Este concello aprobou unha modificación que permite presentar facturas de importe menor de 5.000€ ás entidades xurídicas (BOP – 20/05/2015).

 

  • Entidade Física: para calquera importe pode elixir presentación física de factura en rexistro, ou ben, presentación telemática con FACe.
  • Entidade Xurídica: se a factura é inferior a 5.000€ pode elixir presentación física de factura en rexistro, ou ben, presentación telemática con FACe. Se a factura é superior a 5.000€ é obrigatorio a presentación telemática a través de FACe.

 

Con obxecto de facilitar a presentación de facturas electrónicas, o concello adheriuse ao momento Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas. Para presentar facturas, acceda á seguinte ligazón:  https://face.gob.es/es/

Con carácter xeral os códigos que deben conter as facturas electrónicas que se remitan ao Concello de Sanxenxo serán :

  • OFICINA CONTABLE: L01360519
  • ÓRGANO XESTOR: L01360519
  • UNIDADE TRAMITADORA: L01360519


Con carácter xeral os códigos que deben conter as facturas electrónicas que se remitan ao O.A. Terra de Sanxenxo serán:

  • OFICINA CONTABLE: LA0003970
  • ÓRGANO XESTOR: LA0003970
  • UNIDAD TRAMITADORA: LA0003970


Ademais pode atopar información na web http://www.facturae.gob.es/ e resolver as súas dúbidas no teléfono especial habilitado pola entidade pública Red.es para PEMES (900-900-555).

Pódese descargar a aplicación de xeración de facturas electrónicas desde a seguinte dirección www.facturae.gob.es/formato/Paginas/descarga-aplicaciones.aspx

Na seguinte dirección web ten un vídeo explicativo sobre a utilización da factura electrónica realizado pola Deputación de Cidade Real https://www.youtube.com/watch?v=Vlv-Yyg63mM