Concello de Sanxenxo - Igrexas e capelas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Patrimonio

Igual que en toda Galicia a arquitectura relixiosa ten gran importancia en Sanxenxo, así podemos atopar igrexas e capelas en todo o municipio. Algunhas proceden do románico, como a de San Xoán de Dorrón, de Santa María de Adina e de Santo Estevo de Noalla.

Outras edificacións relixiosas máis modernas son:

San Pedro de Bordóns, a pequena Igrexa de San Xinés, Santa Eulalia de Nantes e a Igrexa de San Pedro de Vilalonga.

Igualmente no municipio cóntase con catro capelas: San Tomé en Gondar, O Santo na parroquia de Nantes, Santa Catalina na vila de Portonovo e San Mauro en Arra, antigamente adscrita ao Mosteiro de Armenteira.