Concello de Sanxenxo - Programa de benestar en balnearios
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Concellería de Servicios Sociais e Igualdade, abre a convocatoria para participar no programa de benestar en balnearios. Un programa organizado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

 

Neste programa poderán participar as persoas maiores de 60 anos ou maiores de 55 reunindo a condición de pensionistas que: 


  • Residan na Comunidade Autónoma de Galicia. 
  • Se desenvolvan  por si mesmos, e se atopen en condicións de asistir ao Programa e non padecer enfermidades infecto-contaxiosas. 
  • Carecer de contraindicacións médicas para a recepción dos tratamentos termais. 
  • Acaden, de conformidade co baremos establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. 


O programa, ademais do tratamento termal, ofrece o aloxamento e manutención e un programa de actividades de animación sociocultural. 

Son dous os prazos para a presentación de solicitudes, que varían en función dos meses nos que se queira participar no programa: 


  • Ata o 16 de maio para os meses de maio e xuño. 
  • Ata o 31 de maio para os meses de xullo a outubro. 


Para máis información sobre este programa de benestar en balnearios, os interesados poden acudir ao Centro Municipal de Servizos Sociais en Portonovo ou chamar ao teléfono 986.72.79.01


Descargas:
Download this file (Balnearios.jpg)Balnearios.jpg[Balnearios.jpg]
0
0
0
s2sdefault