Concello de Sanxenxo - “Erradiquemos a mutilación xenital feminina” exponse na Sala Nauta
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A Concellería de Servizos Sociais, trae a Sanxenxo a exposición “erradiquemos a mutilación xenital feminina” da Confederación Nacional Mulleres en Igualdade.

 

 

A mostra poderá visitarse dende mañá ata o 19 de maio na Sala Nauta do Porto Deportivo de Sanxenxo de 09.30h a 14.00h e de 16.00h a 19.00h.

 

 

Trátase dunha mostra composta por unha selección de 35 ilustracións de 75 presentados no I Concurso de Ilustración de 2016, que a confederación convocou dentro da súa campaña de erradicación da mutilación xenital feminina.

 

 

Os artistas expoñen a súa visión ante este horror que está concentrado sobre todo nos 29 países de África e Oriente Medio, onde máis de 125 millóns de mulleres e nenas foron actual obxecto da mesma. En Europa a cifra ronda o medio millón e en España case 17.000 nenos corren o resgo de ser vítimas da mutilación xenital feminina.

 

 

Así pois, a Confederación Nacional Mulleres en Igualdade realiza exposicións itinerantes como esta que estará en Sanxenxo e que Silvia Freire, Concelleira de Servicios Socias considera “importante para continuar traballando na prevención e erradicación desta lacra”.

 

0
0
0
s2sdefault