Concello de Sanxenxo - Tala de árbores no parque de Punta Vicaño
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Fai uns días o BNG e o PSOE solicitaron os informes sobre a tala de árbores do parque de Punta Vicaño. Informes que, por suposto, lles facilitamos e que tamén queremos compartir coa opinión pública. Esta é a forma de proceder de partidos serios que coñecen como funciona unha administración e por tanto infórmanse antes de falar.

 

 

Hai outras organizacións que, por certo, non obtiveron representación nas pasadas eleccións municipais, que se dedican a facer populismo e xerar alarma coa intención de facer ruído nos medios de comunicación.

 

 

A tala de árbores de Punta Vicaño, non só está xustificada, senón que ademais era de obrigado cumprimento por razóns de seguridade. Tal e como recomendan os informes que ten o goberno. O primeiro do 20 de decembro, no que xa os técnicos advertían dos riscos que supoñían as árbores para a seguridade das persoas e que estaban enfermos.  Nun segundo informe, do 6 de febreiro, ademais de ratificar as mesmas conclusións, inclúe unha memoria económica, supervisada polos servicios de intervención, co coste da tala, a venta da madeira e a posterior repoboación

 

 

En definitiva, o goberno fixo o que tiña que facer para non poñer en risco a seguridade das persoas que fan uso do parque e ademais se fixo sin coste algún para as arcas municipais, xa que o que se obtén da venta da madeira permite pagar a tala e a posterior repoboación, que os técnicos recomendan que se faga en outono para garantir unha maior viabilidade das novas árbores.

 

 

Cando todo o proceso de mellora do parque remate, o resultado final será un espazo infinitamente mellor que o que había, máis seguro e máis atractivo.  E para que así sexa, están traballando naturalistas e expertos no paisaxismo. Mentres tanto, os oportunistas dedícanse a facer ruído.

 

 

 

0
0
0
s2sdefault