Concello de Sanxenxo - 108.000€ invertidos para mellorar os accesos á praia de Bascuas e Pragueira
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta semana remataron as obras de mellora dos accesos ás praias de Bascuas e Pragueira, con un presuposto de 108.000€, financiados con cargo ao Plan Concellos 2017, da Deputación de Pontevedra.

PRAIA DE BASCUAS
O acceso a esta praia debido ao tránsito soportado, ás obras de instalación dos serviczos urbanos e, maioritariamente pola súa antigüidade, se encontraba nun estado de considerable deterioro, dificultando tanto o acceso ao areal como ás vivendas dos residentes na zona.
A actuación de mellora deste vial consistiu basicamente no rozado e limpeza de cunetas e marxes, a apertura dunha caixa para o ensanche da plataforma e posterior regularización do firme. E, para rematar, la dotación de zahorra artificial e dunha capa de rodaxe en quente.
A obra, que se estendeu ao longo de 400m, tivo un presuposto que ascende a 53.100€ e un prazo de execución de un mes.
Para poder levar a cabo esta actuación foi necesario solicitar autorizacións sectoriais ao Servizo de Urbanismo dependente da CMAOT da Xunta de Galicia, a Augas de Galicia e ao Instituto de Estudos do Territorio.

PRAIA DE PRAGUEIRA
Na mesma situación que o anterior vial se encontraba o acceso á praia de Pragueira.
Nel levouse a cabo un rozado e limpeza de cunetas e marxes, a mellora da recollida de augas pluviais e a apertura dunha caixa na plataforma existente. Posteriormente fíxose unha regularización do firme e dotouse dunha capa de zahorra artificial e dunha capa de rodaxe en quente. Tamén se instalou a sinalización horizontal correspondente.

No caso de Pragueira, ao igual que en Bascuas, tamén foi necesario solicitar autorizacións sectoriais no Servizo Provincial de Costas, no servizo de urbanismo da CMAOT, na Axencia Galega de Infraestruturas, en Augas de Galicia e no Instituto de Estudos do Territorio.

O presuposto de execución, dos 600m aproximados de obra, ascende a 55.200€.

 

0
0
0
s2sdefault