Concello de Sanxenxo - Rematadas as obras de mellora no campo de fútbol de Baltar
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A concellería de infraestruturas, leou a cabo unha renovación do céspede sintético do campo de fútbol 8 de Baltar, co importe resultante das ofertas á baixa, xeradas nas inversións do Plan Concellos 2016, da Deputación de Pontevedra.

 

A empresa Mecano Sport S.L, foi a encargada de executar a actuación, cun presuposto que ascende a 60.000€.

 

No Plan Concellos 2016, leváronse a cabo 4 actuacións, que no momento de ser adxudicadas as súas obras tiveron ofertas á baixa do prezo de licitación. Isto provocou un sobrante de 62.957€, da inversión total que contemplaba o Plan. Estas actuacións foron, o acondicionamento dunha parcela municipal de equipamento, a reparación da instalación de varios puntos de alumeado público, a prolongación da rede de saneamento en varios lugares do municipio e a pavimentación dunha serie de viais.

 

Despois da execución do anterior, a Deputación aprobou a inversión deste novo proxecto e en base a iso adxudicouse a execución da actuación, con un presuposto total de 60.343€.

 

Os traballos consistiron na retirada do céspede que había, para instalar 2.674m2 de novo céspede. Tamén se colocaron 6 novos aspersores con maior calidade e alcance, un xogo de banquillos e a rexa para a recollida de pluviais.

 

0
0
0
s2sdefault