Concello de Sanxenxo - O prazo para inscribirse na ludoteca na rúa e nos ludoexploradores abre o luns
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

LUDOTECA NA RÚA

O programa lúdico de verán “Ludoteca na rúa” abre o prazo de inscrición o vindeiro luns 28 de Maio. Os interesados poderán inscribirse no Pazo Emilia Pardo Bazán.

Recordamos que son prazas limitadas e están dirixidas a nenos e nenas dende 4º de infantil ata 6º de primaria.

A actividade estará desenvolvida polas animadoras socioculturais do Concello de Sanxenxo, con titulacións especializadas no ocio e tempo libre.

Os horarios e lugares son os seguintes:

HORARIO: De 9:00h. a 14:30h.

                             9:00h. a 10:00h. Horario de entrada

                             3:30h. a 14:30h. Horario de saída

 

PREZO: 15€ (Descontos por familia numerosa)

 

 

 

 

 

CADA LUGAR UNHA NOVA AVENTURA.

 

 

LUGARES

DATAS

DORRÓN

CASA DE CULTURA

2 AO 6 DE XULLO

SANXENXO

PAZO EMILIA PARDO BAZÁN

9 AO 13 DE XULLO

NANTES

CEIP NANTES

16 AO 20 DE XULLO

VILALONGA

PABILLON DE VILALONGA

30 DE XULLO AO 3 DE AGOSTO

PORTONOVO

CEIP PORTONOVO

6  AO 10  DE AGOSTO

NOALLA

CEIP TELLEIRO

13 AO 17 DE AGOSTO

BORDÓNS

PAZO EMILIA PARDO BAZÁN

20 AO 24 AGOSTO

 

 

  • VELADAS NOCTURNAS PARA NENOS/AS DE PRIMARIA (XOVES NOITE)

  • VENRES SAÍDA AS 12:00 H.

  • SAIDAS dependendo do entorno e condicións meteorolóxicas.

  • TODOS OS DÍAS: unha mochila con botella de auga, merenda , gorra co seu nome, crema solar, bañador e toalla.

 

 

LUDOEXPLORADORES

 

Este é  o  sétimo  ano  que se realiza esta actividade dirixida a nenos/as de 4º de Educación Primaria a 4º da  E.S.O.

Realízase  no  Centro de Interpretación A Telleira Vilalonga. Entorno que se presta a realización destas  actividades xa que se encontra  situado no  complexo intermareal  Umia- O Grove.

Terá lugar no  mes de Agosto durante tres días consecutivos, os días 27 e  29 en horario de 10:00h. a 16:00h.  e  28 en horario de 9:00h. a 21:00h.

Esta actividade ademais de para divertirse tamén lles servirá para coñecer, experimentar e observar a través de xogos  e  obradoiros  que xirarán en torno ó medio ambiente. Unha actividade na que  inculcaremos a protección e o respecto ao entorno. Mostraremos como reutilizar e reciclar, e a súa  importancia co  medio ambiente.

Ademais de actividades na propia Telleira tamén se realizarán excursións.

O  prazo de inscrición  ábrese  o  28 de Maio ata cubrir prazas que serán adxudicadas por estrita  orde de presentación.

Inscrición: 15 € con descontos por familias numerosas

 

Ludoexploradores

 

0
0
0
s2sdefault