Concello de Sanxenxo - Sanxenxo prepara a temporada alta coa contratación dun equipo humano de case 200 persoas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Durante os próximos meses Sanxenxo volverá converterse na terceira cidade de Galicia en poboación. Aos máis de 17.000 veciños, hai que sumarlle as 13.000 prazas hoteleiras incluíndo os cámpings, as máis de 7.000 prazas de aluguer turístico e as 12.000 segundas residencias nas que poden chegar a pernoctar máis de 80.000 visitantes. Sen contar, as miles de persoas que polo día acoden as nosas praias, aínda que non pernocten no termo municipal.

Para poder atender e dar servizo a todas estas persoas, o Concello contrata un equipo humano de reforzo que como mínimo este ano estará formado por 176 persoas. O goberno quere poñer en valor o esforzo que como mínimo estará formado por 176 persoas. O goberno quere poñer en valor o esforzo destas persoas que fan posible que Sanxenxo cada verán cumpra os seus obxectivos como principal destino turístico de Galicia.

A idea deste goberno é ir mellorando, na medida do posible as condicións de persoal da tempada alta. Incrementando o número de contratos e, neste sentido, é posible que este ano finalmente se contrate máis persoal que o que se da a continuación. Mellorando os soldos, por exemplo, este ano os socorristas cobrarán un 8% máis e tamén incrementando o período de contratación ata os 3 meses. Por exemplo, este ano a novidade nos socorristas e sanitarios é que das 66 persoas que se contratan, 54 estarán contratadas durante tres meses e 12 por un período superior aos dous meses. Esta cifra supón que se contrata 18 persoas máis durante tres meses que o ano pasado.

As 176 persoas que, como mínimo, vanse contratar distribúense da seguinte maneira:

 

 

  • Un mínimo de 34 auxiliares da Policía Local durante tres meses, os mesmos que o ano pasado, pero o dobre que en 2016.

  • Nas praias vanse contratar 66 persoas entre socorristas e sanitarios. O ano pasado só 4 praias dispoñían de vixilancia a partir do 15 de xuño. O aumento na duración dos contratos vai permitir que sexan como mínimo 8 as praias que dispoñan de vixilancia a partir do 15 de xuño.

  • 37 persoas de servizos para xardíns e mantementos durante 3 meses.

  • 23 persoas de limpeza de praias, durante dous meses e medio.

  • 6 auxiliares administrativos nas oficinas do Concello durante un período de oito meses e medio.

  • 1 informador de Turismo, durante tres meses.

  • Nauta tamén incorpora en verán un mínimo de 9 persoas: 1 auxiliar administrativo, 4 mariñeiros para os pantaláns e 4 persoas para o parking, todos eles durante un período de tres meses.

 

 

A contratación de todo este persoal supón un coste que supera os 250.000€.

 

 

0
0
0
s2sdefault