Concello de Sanxenxo - O Concello xa ten a autorización do Ministerio de Medio Ambiente para levar a cabo a aportación de area na praia de A Carabuxeira
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O venres o Concello recibiu a través do Servizo de Costas en Pontevedra a autorización da Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e o Mar para iniciar a que será a primeira fase da aportación de area da praia de A Carabuxeira.

Nesta primeira fase, está prevista a aportación duns 10.000 m3 de area, similar á que xa se depositou en Silgar no ano 2003. Unha vez construídos os dous diques que evitarán que a praia perda a area polo efecto das mareas e a oleaxe, procederase ao depósito dos 14.000 m3 restantes do verán do 2019.

No reparto de funcións entre as tres administracións, o Concello vaise encargar da aportación de area, que viría a Sanxenxo en barco dende a costa portuguesa. Depositarase na praia a través dunha tubaxe de 500m. dende o barco. Posteriormente, a area será distribuída con maquinaria a pé de praia.

A intención do goberno é acometer esta primeira fase o antes que poida ser. Aínda que é moi difícil, o goberno está traballando para que a praia de A Carabuxeira conte coa nova area prevista este verán.

Antes, hai que cumprir unha serie de requisitos como un estudo relativo ás características da area, un estudo de granulometría e a categoría do material a verter. O importante é que cando chegue a area, esta se deposite coa maior axilidade posible.

 

 

0
0
0
s2sdefault