Concello de Sanxenxo - O alcalde, o concelleiro de deportes e a concelleira de cultura visitaron o campo de fútbol de San pedro e O Revel
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta mañá o alcalde, Telmo Martín, o concelleiro de deportes, Suso Sueiro, e a concelleira de cultura, Paz Lago, estiveron en Vilalonga, visitando o campo de fútbol de San Pedro e O Revel. Na visita tamén estiveron directivos do Vilalonga F.C.

O motivo da mesma, foi detectar as principais necesidades que presentan ambos terreos de xogo, un de herba natural e outro artificial.

No caso de San Pedro, presenta un problema na raíz do céspede e na base que o suxeita, o que está provocando un deterioro progresivo do mesmo. No Revel, o paso dos anos e a falta de mantemento provocaron que a herba artificial se atope totalmente queimada. Este campo é empregado, de xeito habitual, por categorías base do Vilalonga, varios equipos de veteranos e un equipo feminino.

Agora o goberno local estudiará a posibilidade de levar a cabo unhas actuacións en ambos terreos de xogo, que permitan mellorar a calidade das instalacións e un mellor desenvolvemento da actividade diaria nos mesmos.

 

 

0
0
0
s2sdefault