Concello de Sanxenxo - O alcalde e o concelleiro de deportes estiveron con Marco Martínez
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Marco Martínez é un mozo local, nacido no ano 2001 en Portonovo.

Na actualidade compaxina os seus entrenamentos e as competicións cos seus estudos. Marco comezou no mundo do Ciclismo con tan só 7 anos, participando en distintas probas de BMX, DH E XCO.

A día de hoxe está centrada na modalidade DH, estilo que lle apaixona e que ten moita repercusión e proxección.

Marco ademais está moi comprometido co seu club local, o Team Corbelo, e colabora con eles na formación de novas promesas do deporte “sempre tendo moi presentes os valores de respecto, traballo, constancia e compromiso”, sinala.

Participou no campionato europeo celebrado en Louzanpark, Portugal, obtendo un magnífico 9º posto. Pero, ademais, entre todo o seu palmarés podemos encontrar os seus primeiros postos en open galegos, en rexionais e en diferentes campionatos autonómicos.

En xuño participará na proba da copa do mundo, que se celebrará en Austria, e é por iso que o Alcalde e o concelleiro de deportes quixeron compartir este rato con el, desexándolle moita sorte nesta proba pero, sobre todo, ofrecéndolle o apoio e a colaboración que estea en mans do goberno para todo o que necesite e que lle axude a progresar na súa carreira como ciclista.

En nome de todo o goberno e de todos os veciños de Sanxenxo, desexamos moita sorte e unha vida chea de éxitos.

 

0
0
0
s2sdefault