Concello de Sanxenxo - O Goberno solicita á Deputación e á Concellería de Infraestruturas a autorización para instaurar o sentido único na Rúa do Río
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Na actualidade existe un primeiro tramo da estrada provincial EP-9206, que une a PO-308 na vila de Portonovo coa variante da estrada de Adina. Este tramo está incluído no chan urbano consolidado, e trátase dunha zona moi estreita, co tráfico habilitado nas dúas direccións e sen beirarrúas para os peóns, o que provoca unha constante situación de risco, tanto para o tránsito rodado, pero sobre todo para os viandantes.

Este vial, ademais, soporta unha circulación elevada nos momentos de entrada e de saída ao Colexio Abrente. E, é por isto, que o goberno propuxo a reordenación do tránsito neste tramo, converténdoo nunha vía de sentido único, e con unha senda habilitada para os peóns. Esto repercutirá, sen dúbida, nunha mellora para a seguridade viaria da zona.

Ademais, con esta actuación dáse resposta a unha moción presentada polo concelleiro non adscrito, Roberto Agís, que nun pleno solicitaba a reordenación do tráfico no lugar, especialmente no tramo que transcorre dende o vial autonómico ata o cruce de Barbeito.

 

0
0
0
s2sdefault