Concello de Sanxenxo - Máis de 600 nenos e nenas participarán na carreira escolar do Salnés
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A carreira escolar do Salnés, chega á súa XXV Edición, e o fará cunha participación de 600 alumnos e alumnas de diferentes centros escolares da provincia, nun evento deportivo organizado polo Colexio Abrente, que unirá deporte e cultura.

Para celebrar as súas vodas de prata, este ano entregarán medallas a tódolos participantes na proba, ademais de trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e un refrixerio para todos ao rematar.

As categorías nas que se divide a proba son as seguintes, divididas en masculino e feminino:

 

 

  • Prebexamín

  • Benxamín

  • Alevín

  • Infantil

  • Cadete

  • Afeccionado

 

Os colexios participantes son:

  • Colexio Abrente, Portonovo.

  • CEIP A Escardia, Vilagarcía.

  • CEIP Viñagrande, Deiro.

  • CEIP Valle Inclán, O Grove.

  • Colexio Santiago Apostol, Soutomaio.

  • CEIP San Bartolomeu, Vilanova.

 

Dende o goberno local destacouse “o compromiso con este tipo de eventos deportivos e a importancia que ten este deporte na educación dos nenos e nenas fomentando unha vida saudable.”



0
0
0
s2sdefault