Concello de Sanxenxo - Xa foron eliminados 30 postes de luz entre as praias de Pragueira e A Lanzada
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Dentro do plan de posta a punto das praias, as concellerías de medio ambiente e servizos eliminaron 30 postes da luz, substituíndoos por conducións subterráneas.

 

Estamos falando de zonas de gran interese paisaxístico, incluídas algunhas delas dentro da Rede Natura 2000. Os postes que eliminaron están diante das praias de A Lanzada, A Lapa, Area Gorda, Foxos, Major e Pragueira. Do total de postes que se eliminaron, 22 estaban no lado marítimo, o que afea a paisaxe desas praias e os demais estaban ó outro lado da estrada.

 

 

OUTRAS ACTUACIÓNS

 

No entorno da capela de A Lanzada e na baixada da praia de Foxos se melloraron as entradas. Nivelouse o terreo e votouse xabre cunha moto niveladora/compactadora. Diante da praia de Foxos limpáronse as herbas dos muros que afeaban a zona e dificultaban o paso dos peóns. Tamén se cortaron as plantas invasoras e cañas que impedían a visión da ría.

Nesta praia está previsto mover o módulo de socorristas e o módulo dos baños para ubicalos nunha zona máis accesible e de menor impacto visual. Tamén se eliminaron sinales metálicas que estaban oxidadas, en moi mal estado e se substituíu e prolongou a rede de canalización de pluviales para evitar os socavóns no terreo.

En relación aos novos módulos sanitarios, xa está instalado o da praia de Panadeira e agora se vaise a proceder ao arranxo e embelecimento do entorno de este módulo. Outros 6 novos módulos vanse instalar en outras tantas praias, cun coste total de 130.000€ e financiados polo Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.

 

0
0
0
s2sdefault