Concello de Sanxenxo - Sanxenxo viaxa a China para promocionarse como destino
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Gonzalo Pita, tenente alcalde de Sanxenxo, está de viaxe en China, para participar na International Mayor´s Fórum on Turism 2018, na cidade de Zhengzhou.

 

A cidade de Zhengzhou, capital da provincia de Henan, acolle en maio, este fórum, no que España participa como líder mundial no sector do turismo.

 

Ademais de representar ao noso municipio e a toda a comarca do Salnés, Gonzalo Pinta, e o resto de alcaldes que participaron na viaxe, fixeron una presentación sobre o noso país ao asistentes ao Fórum.

 

En total son 20 os alcaldes de Europa que viaxaron a China. E Gonzalo mantivo diferentes reunións con turoperadores e empresarios para a promoción do destino, expoñendo todos os recursos e posibilidades que ten a comarca.

 

Unha das persoas coas que estivo é co Viceministro de Cultura e Turismo de China, o Sr. Li Jinzao, e quixo “destacar a importancia das relacións institucionais de cara ao fomento do turismo”. Ademais, destaca que “está é unha boa oportunidade para aprender estratexias de éxito para o desenvolvemento do turismo, que nos axuden a enfrontarnos a desafíos e oportunidades de cada ao futuro.

 

0
0
0
s2sdefault