Concello de Sanxenxo - Novo asfalto para a Avenida de Madrid
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A avenida de Madrid será asfaltada a próxima semana e é por iso que permanecerá cortada ao tráfico.

A empresa encargada de realizar as obras de pavimentación da avenida de Madrid, comezará o luns ás 8.00h. cos traballos previos de organización e preparación do traballo.

A actuación abarcará 550m2 e unha superficie de 2.200m2. As obras consistirán no fresado do firme e na extensión dunha capa de rodadura en quente, con un grosor de 5cm.

Ademais nivelaranse as arquetas para deixalas todas a unha mesma altura e faranse previamente pequenas reparacións nelas.

Na unión da avenida de Madrid co Paseo de Silgar, antes da entrada ao porto, farase un paso elevado que mellore e garanta a seguridade no acceso ao paso de peóns. Nestes momentos a beirarrúa é moi estreita e dificulta o paso pola mesma, sobre todo a persoas con mobilidade reducida ou a cadeiras de bebés.

As obras comezarán o luns día 4 e estenderanse ao longo de 4 días, polo que se fará unha reordenación do tráfico para garantir que usuarios, veciños e visitantes poidan acceder á zona sen problema. A ordenación farase tal e como se indica na imaxe que axuntamos.

Ademais aos veciños e veciñas que dispoñan de praza de garaxe na rúa de Madrid e o acrediten, se lles facilitará o aparcamento do porto deportivo de forma gratuíta para que poidan estacionar durante toda a semana.

0
0
0
s2sdefault