Concello de Sanxenxo - Esta semana pintáronse 50 prazas de aparcamento en Vilalonga
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta semana leváronse a cabo en Vilalonga unha actuación consistente no pintado de 50 prazas de aparcamento.

Este pintado realizouse en dúas zonas, no aparcamento da Igrexa e en Vilar, a rúa principal de Vilalonga. En ambos espazos, debido ao paso do tempo, a pintura estaba deteriorada e as marcas no solo eran inapreciables, polo que non se estaban aproveitando ben estes espazos.

Nestes momentos estase levando a cabo unha actuación de limpeza na zona de O Revel e bacheáronse diferentes puntos da parroquia.

 

DESBROCE NO MUNICIPIO

Non só en Vilalonga, senón en todo municipio, a Concellaría de Medio Ambiente iniciou fai 10 días, o desbroce de todo o municipio.

En total desbrozaranse 300km lineales, (150km de pistas e estradas) nas 7 parroquias. As parroquias máis extensas levarán máis tempo, Adina, Noalla, Dorrón e Vilalonga. Parroquias con menos kilómetros, por ser máis pequenas, levarán menos tempo, como son Padriñán, Bordóns e Nantes.

Para a limpeza de tódalas cunetas nas que se está actuando, traballarán dúas desbrozadoras, (unha que xa empezou e outra que se incorpora esta semana), unha varredora e media decena de desbrozadoras manuais.

Os traballos iniciáronse na parroquia de Dorrón e a nova desbrozadora comezará no outro extremo do municipio, en A Lanzada.

Estas tarefas estenderanse ao largo de todo o mes de xuño, debido ao elevado número de quilómetros nos que se teñen que actuar e a cantidade de herba e maleza existente provocada polas choivas da tempada invernal. Polo que o goberno pide un pouco de paciencia a tódolos veciños e veciñas do municipio, para que se poida rematar neste mes de xuño o desbroce completo do Concello, tal e como se fixo por primeira vez o ano pasado.

0
0
0
s2sdefault