Concello de Sanxenxo - Os nenos e nenas do obradoiro de arte infantil expoñen os seus traballos realizados dende o mes de outubro
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os participantes no obradoiro de arte infantil expoñen as súas creacións no Pazo Emilia Pardo Bazán.

Durante o primeiro trimestre do curso os participantes do obradoiro de arte infantil, traballaron e coñeceron a Diego Velázquez, a través dunha das súas obras máis coñecidas “As meninas”.

Comezaron introducindo o tema co conto “Un cadro de Velázquez”, e despois coñeceron a súa vida e obras. Pero como mellor se coñece un arte é sendo parte do tema, polo que os propios nenos fixeron os seus disfraces de Velázquez.

Presentaron as súas obras coa representación do cadro elixido, “ As meninas”, elaborado coa técnica do collage.

E tamén crearon a “árbore da vida”, onde cada participante debuxouse a si mesmo, e despois pegaron eses debuxos na árbore. E tamén o “bico”, con un collage e un debuxo. Ambas obras de Gustav Kim.

Por último, realizaron unhas esculturas coas letras do seu nome.

Este obradoiro impartíase os sábados de 10.30h. a 12.00h. para nenos de 6º de educación infantil e 1º de educación primaria e de 12.00h. a 13.30h. para nenos de 4º e 5º de educación infantil.

 

0
0
0
s2sdefault