Concello de Sanxenxo - As bibliotecas do municipio amplían o seu horario a partir do luns 11 de xuño
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Ao igual que o resto de servizos do Concello, as bibliotecas, dependentes da Concellería de Educación, Cultura e Xuventude, ultiman tódolos detalles para ofertar un horario o máis adaptado posible á demanda xeral do usuario.

 

Dita demanda, ven dada pola necesidade de crear un espazo acondicionado para que os estudantes poidan pasar as horas entre libros escapando das tentacións que ofrece o entorno que rodea a cada un e dispoñer dunha franxa horaria máis ampla para dedicar os seus estudos.

 

Así pois, dende a concellería e, grazas á disposición do persoal de bibliotecas, vaise poder desfrutar dunha ampliación de horario de bibliotecas dende o 11 de xuño ata o 30 de setembro, co seguinte horario:

 

BPM Sanxenxo: 8:30h- 14:30h (de luns a venres)

 

BPM Portonovo: 8:30h -14:30h (de luns a venres)

 

BPM Vilalonga:  16:00 h- 21:00h (de luns a venres)

 

                                                9:30h – 13:30h (sábados)

 

Este horario está deseñado en base ás estatísticas existentes do uso real deste servizo nos últimos anos. Partindo deste, o horario de apertura final ofrece a posibilidade de contar co servizo de bibliotecas 6 horas continuadas pola mañá, 5 horas pola tarde e 4 horas os sábados. Ata agora o horario era de 9.30h. a 13.00h. e de 16.00h. a 19.30h., en Sanxenxo e Portonovo e de 16.00h. a 19.30h. en Vilalonga.

Sendo coñecedores que a maioría de usuarios durante o verán son estudantes, un dos obxectivos é ofertar o máximo de horas continuadas posibles”, apuntou Paz Lago.

Esta adaptación de horario non é a única que se realizou este último ano. En nadal, carnaval e Semana Santa ampliouse polas tardes. “Aínda que só é posible nunha biblioteca, a iniciativa tivo moi boa resposta polo que, a idea é seguir apostando pola ampliación nas épocas máis necesarias, mentres non hai unha aula de estudo” afirmou a Concelleira de Cultura.

 

 

0
0
0
s2sdefault