Concello de Sanxenxo - Esta semana estanse instalando novos módulos en 6 areais do municipio
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno local adquiriu 6 módulos para as praias do municipio. 4 son módulos de aseos, en réxime de aluguer e dous de salvamento, que se comprou en propiedade.

Os módulos de aseos serán instalados en Caneliñas, Paxariñas, Bascuas e A Lanzada. E os módulos de salvamento en Canelas e Montalvo, areais que quedaron sen módulo debido a súa antigüidade e aos temporais de inverno.

Todo isto suporá unha inversión de máis de 40.000€ que irán con cargo a fondos propios municipais.

O obxectivo é que estes módulos sexan utilizados durante a tempada estival deste ano 2018. Unha vez que o Concello poida realizar o proxecto que se financiará con cargo ao plan concellos, os módulos adquiridos en propiedade irán destinados a outras praias do municipio, que tamén necesitan unha renovación dos mesmos.

 

6 MÓDULOS DE SALVAMENTO E ASEOS

O goberno enviou á Deputación un proxecto para ser financiado a través do Plan Concellos 2018/2019, que permita dotar de novos módulos a seis praias do municipio, e mellorar o servizo dos areais. É por iso que se redactou un proxecto, valorado en 132.000€, denominado “subministro, transporte e emprazamento de módulos mixtos prefabricados para salvamento e aseos nas praias”.

Esta adquisición permitirá a instalación de módulos mixtos para socorristas e de aseos nos seguintes areais:

 

  • A Lanzada

  • Bascuas

  • Paxariñas

  • Canelas

  • Caneliñas

  • Silgar

 

En canto as súas características, serán módulos mixtos de 19 e 24m2. E estarán divididos en dous espazos, contando cunha parte reservada a salvamento, con todo o material e equipamentos necesarios e outra parte que será para os aseos. Nesta, haberá inodoros, lavabos, espellos, cambiadores de pañais, etc.

 

0
0
0
s2sdefault