Concello de Sanxenxo - O concello prohibirá facer fogueiras en praias con espazos dunares e outros valores ambientais que puideran resultar prexudicados
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Polo contrario, permitiranse facer fogueiras, previa autorización, nas demais praias urbanas ou que non teñan eses espazos.

 

O Concello de Sanxenxo ata agora nunca autorizou a realización de fogueiras nas praias. Pese a elo, nos últimos anos realizábase un macro botellón incontrolado nunha praia de enorme valor ambiental como é Montalvo sen ningún tipo de autorización. Incluso á mesma desprazábanse autobuses dende outros puntos de Galicia.

 

Este goberno non está disposto a mirar para outro lado e, por tanto, vai poñer os medios para evitar actos que atentan contra os valores medio ambientais. Para elo cerraranse os accesos á praia de Montalvo, vixiarase e incluso sancionarase ás persoas que intenten realizar unha fogueira na mesma. Ademais da cantidade de lixo que deixan na praia, causan importantes danos na zona dunar e nas plantas e animais asociadas á mesma, como é o caso da “Pillara das dunas”, Charadrius alexandrinus, a cal é unha especie vulnerable e pola que a Xunta de Galicia elaborou un Plan de Conservación para esta especie, aprobado no Decreto 9/2014, de 23 de xaneiro.

 

En contrapartida e, tendo en conta que a celebración de fogueiras nas praias forma parte da tradición galega, o Concello autorizará a realización de fogueiras nos areais urbanos e semiurbanos, fora da Rede Natura e que non teñan unha zona dunar, xa que estes espazos son moi sensibles ao pisoteo.

 

As praias nas cales poderían chegar a autorizar fogueiras serían: Pampaído, Sagunto, Agra, Nanín, Carabuxeira, Lavapanos, Panadeira, Silgar, e Caneliñas. Polo contrario, a lista de praias nas que baixo ningún concepto vanse permitir fogueiras son: Areas, Canelas, Baltar, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Nosa Señora, Fontenla, Foxos, Area Gorda, A Lapa e A Lanzada.    

 

O número de fogueiras en cada praia estará supeditado ao espazo existente en cada areal e as súas características. Tamén terase en conta a identidade e o arraigo dos solicitantes. Os interesado en solicitar a autorización terán de prazo dende o luns día 11 de xuño ata o mércores 20 para comunícalo nas dependencias de medio ambiente en Vilalonga, no servizo de Emerxencias en Adina ou no servizo de atención ao cidadá, situado no edificio da Casa Consistorial, en horario de 9.00h. a 14.00h.

 

Daranse un número limitado de autorizacións en función da capacidade de carga de cada areal. Estas autorizacións están pensadas para que as persoas do lugar poidan divertirse e continuar coas tradicións de antano.

 

0
0
0
s2sdefault