Concello de Sanxenxo - Mañá mércores remata o prazo para comunicar a realización de fogueiras de San Xoán
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Mañá mércores día 20, remata o prazo para comunicar a realización de fogueiras de San Xoán no municipio.

Os interesados poderán solicitalo nas dependencias de medio ambiente, en Vilalonga, no servicio de Emerxencias en Adina, ou no servicio de atención ao cidadá, no edificio da casa consistorial, en horario de 9.00h. a 14.00h.

Aquelas persoas que desexen realizar unha fogueira, terán que cumprir unha serie de requisitos que aceptan á hora de formalizar a solicitude. Estes requisitos son:

 

 

  • A comunicación só é válida para fogueiras tradicionais na festividade indicada, non sendo válida para calquera outra queima de restos agrícolas amontoados ou queimas forestais.

  • A persoa que se identifica na comunicación, será o máximo responsable da fogueira, asegurando o cumprimento de todas as normas indicadas e non abandonando a vixilancia ata que o fogo estea totalmente apagado.

  • No caso de producirse unha emerxencia, chamarase rapidamente ao 112, indicando o número de permiso e a parroquia e lugar no que se atopa.

  • Realizarase unha limpeza e desbroce dunha franxa mínima de 5 metros, ao redor do perímetro da fogueira.

  • Queda totalmente prohibido tirar ó lume aerosois, pneumáticos, e ningún tipo de material tóxico ou perigoso. Tampouco se tirarán mobles usados, etc.

  • Prohíbese a realización de xogos ou actividades que impliquen riscos para as persoas.

  • Queda prohibida a ubicación das fogueiras baixo tendido eléctrico ou arborado, gardando unha separación de seguridade dende a vexetación, tendidos, casas, etc.

  • As fogueiras que se realicen sobre o pavimento da vía pública, faranse con unha capa abundante de area, para evitar o seu deterioro. Ao rematar limparase a zona. Nas praias non se enterrarán os restos das fogueiras.

  • As fogueiras na vía pública, serán inferiores a 2 metros de diámetro e faranse a unha distancia mínima de 25 metros das vivendas.

  • O horario de vixencia da autorización será de 22.00h do día 23 a 06.00h do día 24. 

 

O goberno decidiu este ano prohibir a realización de fogueiras en praias con espazos dunares e outros valores ambientais, que puideran resultar prexudicadas. Por outro lado, permitirase facer foguerias, previa autorización, nas demais praias urbanas ou que non teñan eses espazos.

As praias nas cales autorizáronse fogueiras son: Pampaído, Sagunto, Agra, Nanín, Carabuxeira, Lavapanos, Panadeira, Silgar, e Caneliñas. Polo contrario, a lista de praias nas que baixo ningún concepto se van a permitir fogueiras son: Areas, Canelas, Baltar, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Nosa Señora, Fontenla, Foxos, Area Gorda, A Lapa e A Lanzada.    

 

0
0
0
s2sdefault