Concello de Sanxenxo - ESCOLA DE ADULTOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Escola de Adultos do Concello de Sanxenxo abre o prazo de matrícula para asistir ás clases de preparación de probas libres para a obtención de Graduado en ESO (convocatoria de setembro) desde o 28 de xuño ao 6 de xullo en horario de 20.00 a 22.30 horas no Edificio de Usos Múltiples de Portonovo.

As clases realizaranse de 20 a 22.30 horas e comezarán o luns 23 de xullo de 2018.

 

DOCUMENTACIÓN necesaria:

 

  • 2 fotocopias do DNI

  • 2 fotos

Un único exame para superar todos os cursos da ESO (de 1º a 4º), que levará a cabo o 7 de setembro de 2018 e consta de tres probas:

  • Ámbito Científico-tecnolóxico.

  • Ámbito social.

  • Ámbito de comunicación.

 

Poden acceder a estas tres probas todas as persoas maiores de idade e os menores que cumpran 18 anos antes do 7 de setembro de 2018. Os alumnos con algún ámbito de 4º de ESO aprobado están exentos dese ámbito.

 

0
0
0
s2sdefault