Concello de Sanxenxo - Comezan as cesións para as sendas de Dorrón e Fabaiños
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno local ha instalado oficinas temporais nas casas de cultura de Dorrón e de Adina para que os veciños poidan achegarse e facer efectivas as cesións dos seus terreos para o acondicionamento das novas sendas en Dorrón e en Fabaiños.

 

 

DORRÓN

En Dorrón, das 400 cesións necesarias, preto dun centenar de veciños xa se achegaron á casa de cultura para formalizar as cesións dos seus terreos.

A primeira semana deste mes de xullo, os veciños e veciñas de Dorrón puideron coñecer o anteproxecto dunha ruta de sendeirismo de 4.560m, que percorrería as inmediacións do Río de Dorrón, desde a praia de Areas ata o Muiño de Xian. A ruta comezaría na parroquia de Bordóns e terminaría na de Dorrón.

A execución do proxecto estaría dividida en tres tipos de actuacións:

 

 

  • Rozado e limpeza de plantas sen valor ecolóxico.
  • Colocación de pasales de pedra e varanda de madeira.
  • Sinalización: tanto a propia dunha senda fluvial, como sobre as estradas e a protección dos peóns. O orzamento aproximado para a licitación desta obra sería de 380.000€.

 

 


FABAIÑOS

No caso da ruta do Río Fabaiños, son necesarias preto de 200 cesións das parroquias de Arra, Noalla e Adina. Para iso, os veciños dispoñen dunha oficina na casa de cultura, que estará aberta mañá xoves de 16.30 h. a 20.30 h. na que poden asinar as súas cesións ao Concello.

Esta ruta de sendeirismo percorrerá 4.655m, polas inmediacións da canle, desde a contorna do mercado de abastos de Portonovo, ata o cruceiro de Monte Faro.

O orzamento aproximado para a licitación desta obra sería de 350.000€.

 

Con estas rutas preténdese aproveitar as oportunidades que brinda a zona rural de Sanxenxo, potenciándoas como recurso turístico e alternativas de ecoturismo cada vez máis demandadas, dando un valor engadido á paisaxe da zona.

Estas actuacións están encamiñadas ao fomento e promoción do turismo nas parroquias de interior, potenciando o desenvolvemento das actuacións de diversificación de actividades vinculadas ao turismo rural, e á posta en valor do noso patrimonio.

Estas sendas poderían estar incluídas na Rede de Sendeiros de Pequeno Percorrido de Galicia, para o que, unha vez executadas será necesario solicitar a homologación das mesmas pola Federación Galega de Montañismo.

 

 

0
0
0
s2sdefault